Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Noia
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: Nimo
Outra denominación do ben: Castelo de Luaña / Castelo Miúdo
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Castelo ou atalaia de vixilancia que, polas súas características, poderíase atribuír a época altomedieval. No outro lado do canón, está o Castelo de Ínsua. Entre os dous debían vixiar rutas e movementos pola costa e polo val do Tambre, pero mesmo tamén cara ao interior. Se pensamos nunha ruta máis antiga, incluso do tempo da romanización, sería o paso cara as terras altas ata chegar a Brandomil, por unha vía secundaria que atravesaría o Tambre, cerca de Ínsua e subiría ata a aldea de Fornos por unha valgada moi pronunciada, (a costa da Brea) pasando ao lado da capela de San Xoán do Carballoso. Non fai moito tempo existía dende a Luaña ata Noia un camiño que segundo nos di Andrés Suárez no seu libro sobre a Luaña :”Outra vía importante coa ría de Noia era a que abeiraba o río Tambre pola ribeira esquerda e que na actualidade está recuberto por unha inmensa fraga”. As ruínas do castelo xa servía de marco das heredades do couto do Mosteiro de Toxosoutos no século XII, e usábase ese fito para delimitar terras.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No catálogo Arqueolóxico do PXOM Noia
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 408 do pdf
Andrés Suárez. LUAÑA: mitos, costumes e crencias dunha parroquia Galega. Ed.Galaxia ISBN.
84-7154-314-9. ano 1979
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/05/30/descubrindo-o-castelo-e-a-terra-de-luania-i/
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/05/24/castelo-de-nimo/
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/08/0003_8213587.htm?idioma=galego
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/01/19/un-acto-de-xustiza-a-luania/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8333194683
Lonxitude: -8.81868481636
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84