Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Moaña
Parroquia: Moaña (San Martiño)
Lugar: Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A reitoral de San Martiño de Moaña data, cando menos, do século XVI, a xulgar polos documentos máis antigos rexistrados, aínda que con múltiples reformas e engadidos.

A casa ocupa un solar aproximadamente cadrado, ao que se accede por un portalón con catro almeas en forma de lanceta, e unha cruz de pedra central. Por este portalón accédese a un patio, e á entrada da casa, que se dispón en dous grandes corpos, unidos en forma de L. O corpo situado ao Norte está construído en cachote, e cecais sexa o máis antigo, mentres que o do lado leste está feito en perpiaño. O corpo oriental presenta, pola fachada exterior que mira ao leste, un balcón voado, apoiado sobre tres grandes canzorros, mentres que pola fachada Sur, a carón do portalón almeado, hai outro, sobre dous. Polo interior, na unión dos dous corpos, hai unha pequena solaina á que se accede por unha escalinata en ángulo, protexida por un muro de pedra e outro portalón alintelado.

A casa mantívose en pé ata os anos 80, cando o desleixo dos párrocos ocupantes fórona deixando caír na ruína. Como resultas disto, produciuse o derrubo dun terzo do corpo oriental e fachada Sur. No ano 2008, o padroado municipal Beiramar organizou un obradoiro de emprego con fundos estatais e autonómicos que permitiron a restauración e recuperación deste patrimonio veciñal, despois de dous anos de obras que remataron en novembro do 2010. Na actualidade, a Reitoral de San Martiño é a sé da Escola Municipal de Música de Moaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28610373009007
Lonxitude: -8.749446272850037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84