Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Corvelle (Santa María)
Lugar: Pereira
Outra denominación do ben: As poldras
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Dez pedras sobre a cunca do río serviron durante séculos para pasar dunha beira á outra cando non había pontes nin outros poldrados maiores. A vida arredor do río foi intensa, como amosan a cantidade de muíños fariñeiros que hai nesta zona de Pereira onde moían o grao os seus veciños (millo, centeo, trigo,..etc). Ademáis a pesca e as actividades nos pasteiros e cortiñas lindeiras requerían destas “poldras” para os veciños se moveren rápidamente dunha beira á outra.
Chámanse tamén “pasa tres” polas monxas que pasaban de Pereira a Seoane á misa e de Seoane a Pereira. As pedras son independentes e irregulares, algunhas de gran tamaño e peso polo que o río non consegue remexelas.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Pedras independentes irregulares, algunhas de gran tamaño e peso polo que o río non consegue remexelas.


Tradición oral:

A tradición conta que as monxas que pasaban nestas poldras ían á misa a Seoane e tiñan un convento na zona de “Casa de Frades” nas cortiñas de Pereira na vertente sudoeste desta vila. Non sabemos exactamente en que cronoloxía isto aconteceu mais con toda certeza anterior ao século XV.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O acceso é complicado e cómpre seguir o curso do río dende Pereira pola beira, pasar varios muíños e á altura da Punta Pereira atópanse estas. Tradicionalmente accedíase a través de pasteiros e prados de veciños de Pereira con toda facilidade, mais hoxe resulta máis complicado.


Onde está localizado

Latitude: 42.0384886039
Lonxitude: -7.9998922348
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84