Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Santalla de Toiriz (Santalla)
Lugar: Trasulfe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A casa da Bastida é unha construción feita a base de perpiaño granítico, de dous pisos, e teitume a catro augas. Posúe planta en forma de L, aínda que as diferentes reformas que sufriu ao longo dos anos romperon a súa harmonía estética.
Na fachada principal destaca unha porta principal con arco de cantería e varios escudos nobiliarios, entre eles os das familias Taboada, Varela, Gayoso, Correa, Ulloa, Cadórniga e Valcarce.
Posúe tamén un escudo procedente da capela de Santa Cruz, que pertenceu ao desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Monforte.
No interior da casa destaca unha pequena capela coa advocación de Nosa Señora do Rosario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=20519&ctre=37
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/04/01/2559410.shtml

https://historiadegalicia.gal/2019/01/a-bastida-a-maquina-de-guerra-da-que-sairon-apelidos-e-toponimos-en-galicia/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5499721959
Lonxitude: -7.61425092816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84