Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Vilamelle (San Cibrao)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa feita a base de cantería labrada na fachada e nos esquinais, e de cachotería fina nos muros laterais. Posúe nave de planta rectangular con teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro, con remates en pináculos
Foi construída no século XVII, pero sofre diferentes reformas no XVIII.
A súa fachada presenta porta dovelada e un ocelo circular. O conxunto remata nunha espadana en posición central de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto e flanqueado por dous pináculos; o segundo cun so arco de medio punto. O conxunto remata nunha cruz en ferro sobre un pináculo.
No interior existen varios retablos con talles do século XVIII.

Aínda que a igrexa actual data do século XVII, existen documentos do ano 1180 que mencionan a existencia dunha igrexa neste lugar. Ditos documentos falan das doazóns do rei Fernando II á condesa Fronilde e ao Mosteiro de Ferreira.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/06/25/vilamelle-tierra-hidalgos-legendarios/0003_201406M25C4991.htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6379&ctre=31&volverFicha=true&langId=gl_ES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4891287371
Lonxitude: -7.59414106607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84