Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Corvelle (Santa María)
Lugar: Pereira
Outra denominación do ben: Fontes de Riba
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fonte lavadoiro en pedra. De forma rectangular, o lavadoiro, con dous lados da plataforma de pedra inclinada para refregar e cuberta de tella a un auga apoiada sobre piares de formigón. A fonte, coñecida como “Fonte do Castiñeiro” de pedra coa pía rectangular colgada sobre frontón de perpiaños con remate de cornixa moldurada, con cruz de pedra no centro e pináculos de bola os lados.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Trátase dun dos mananciais máis apreciados polos veciños de Pereira e visitantes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Abuso de cementacións na última restuaración. Excesos de cemento no entorno polo que presenta craquelados e rebentóns debido ós contrastes bruscos de humidade e temperatura.


Onde está localizado

Latitude: 42.0389168962
Lonxitude: -8.00876498222
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84