
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Espasantes (Santo Estevo)
Lugar: Pacios
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aínda que construída no século XIII, esta igrexa foi reconstruída no século XVII.
Feita a base de cantería granítica e con teitume a dúas augas, a edificación ten unha nave de planta rectangular. Os muros laterais aparecen rebocados e pintados de cor branca.
A fachada posúe porta de aceso con arquivolta de aresta.
O conxunto remata nunha espadana central de dous vans con remate en cruz pétrea.
Destaca a súa colección de canzorros decorados con motivos xeométricos.
A ábsida rectangular procede dunha igrexa románica precedente.
No interior podemos ver varios retablos e imaxes.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo se recolle dos veciños do lugar, a ábsida foi en tempos capela dos condes de Lemos, e posteriormente aproveitada para o templo parroquial.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=6380&ctre=31&volverFicha=true
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2015/02/15/escudos-armas-vinas-castros-ribeira-espasantes/0003_201502M15C7991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4768449231Lonxitude: -7.6227414608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84