Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Castrelo
Lugar: Vilaseco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Como adoita acontecer coas mámoas e as antas, a Arquiña de Vilaseco serve como separación entre dúas fincas. De feito, aproveitáronse algunhas das súas pedras para a construción do valado divisorio. A mámoa está situada nunha típica paisaxe megalítica con brañas e pequenos lombos topográficos, dominando a contorna, sobre todo cara ao oeste e ao norte onde adquire un maior tamaño, uns tres metros de altura. Chama a atención a gran dimensión do túmulo, de 37 metros de longo por 32 de ancho.

No interior, atopamos unha anta máis modesta para a o tamaño da mámoa. Estrutura clásica, con cámara poligonal e corredor desenvolvido cara ao leste. A falta dunha escavación en profundidade, consérvanse catro esteos da cámara, e aparece un do corredor ademais da propia tampa. Ben seguro que as súas pedras compañeiras están formando parte do muro divisorio das fincas. Con todo, o seu estado de conservación parecía bo, pola pouca profundidade do cono de violación.

En outubro do 2014 uns traballos de reforestación danaron tanto a mámoa como a anta.

É un dos seleccionados para formar parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Luis Monteagudo atopou un machado metálico na zona.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

En outubro do 2014 uns traballos de reforestación para plantar eucaliptos feitos polos propietarios da finca onde se sitúa a anta, danaron o túmulo. Abriron sucos na mámoa e pasaron coas máquinas por riba do monumento, modificando a súa estrutura.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Os traballos forestais poñen en perigo o túmulo


Onde está localizado

Latitude: 43.0739429279
Lonxitude: -9.07487332821
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84