Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

As orixes desta vila mariñeira e señorial non están nada claros. Certo é que sempre debiu ser un peirao importante, ó tratarse do porto máis abrigado da ría.

O núcleo primitivo sitúabase máis ó interior, onde a igrexa parroquial de Santo André de Canle. Logo, cando os piratas deixaron de asolar estas terras, o pobo avanzou cara o mar, no século XIII. Foi así cando se fundou a igrexa parroquial de San Marcos, gótica, substituíndo a anterior. Que agora a parroquia se chamase San Marcos, coma o patrón de Venecia, dá conta da importancia que tivo para esta vila as mercadorías e o seu porto.

Na Idade Media é cando comezamos a ter referencias máis exactas da historia da vila. Foi señorío dos condes de Traba e Trastámara e logo pasou a mans dos condes de Altamira. Corcubión conserva moitos vestixios da nobleza coa que contou. Ademais das casas fidalgas, están os pazos dos seus antigos donos: o Pazo dos Traba e o dos Altamira.

Na segunda metade do século XIX e principios do XX, prodúcese un auxe económico que fará levantar varios edificios modernistas: a casa Miñóns, as edificacións burguesas do paseo marítimo e o antigo Xulgado. Precisamente, Corcubión foi e segue sendo cabeza do partido xudicial.

Por todo isto, o casco antigo de Corcubión foi declarado Conxunto Histórico-Artístico no 1985.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

corcubion.info


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Corcubión non se salva do feísmo que asolaga Galicia. Hai moitas zonas completamente abandonadas ou remendadas con dubidoso gusto, con materiais que non se corresponden coa época.


Onde está localizado

Latitude: 42.94438400798921
Lonxitude: -9.192992448806763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84