Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Rúa do Progreso
Outra denominación do ben: Fito 554 da Villacastín- Vigo
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Na rúa do Progreso, enfronte do edificio da Deputación de Ourense, mais concretamente entre os números 77 e 79, consérvase un marco ou fito correspondente ó km 554 da antiga estrada Villacastín-Vigo. Trátase dunha pedra duns 30 cm. de ancha, sobresaíndo sobre a beirarrúa uns 35 cm. e apoiada na parede no edificio posterior.
Ten gravado en baixo relevo o numero 554 con suco fino e non moi profundo, e unha altura de uns 6cm. Todo o contorno da pedra ten un rebaixe decorativo.

A mediados do século XIX a cidade de Ourense permanecía estancada, practicamente como na idade media, todo cambiou a partir da chegada de dúas novas obras: a estrada de Villacastín e a chegada do ferrocarril, que provocaron un período de crecemento da cidade e do casco urbano, construíndose unha nova ponte e novos barrios a seu arredor.
A estrada proxectada en 1803, para unir Vigo e Villacastín abriuse no 1863, a ponte da Burga permitiu o paso de ela, por onde hoxe a coñecemos.
Esta estrada será, por así dicilo, a primeira circunvalación da cidade. Parece que o tramo que bordea a antiga cidade está rematado cara o 1840, pero non se finalizaría na súa totalidade ata vinte anos despois.
Nos primeiros anos de existencia, era un poirento camiño de terra, enlamado durante case que todo o inverno chuvioso da cidade, a pesar diso, aos poucos foise convertendo no centro neurálxico da cidade; nos seus comezos, o Seminario, e o Hospital de San Roque, centraban a atención dos cidadáns, comezaron a xurdir cafés, e fondas que desen servizo aos novos estudantes do seminario, e aos familiares dos enfermos do San Roque, ao mesmo tempo, ía converténdose no feudo da pequena industria local, fábricas de madeira, e mobles, almacéns de materiais de construción, destilerías, etc.
Posteriormente os comerciantes na súa maioría foráneos, comezaron a ver nela a mellor localización para os seus negocios, e con eles os profesionais liberais.
A nova rúa-estrada, xustificará a súa denominación, de rúa “Progreso” xa que, unha vez consolidada coa construción da ponte murallón das Burgas que salva esa profunda bagoada acollerá importantes edificios característicos do Ourense da Restauración, como a Deputación, que tamén se utilizaba como Audiencia e Goberno Civil (e que antes fora almacén da familia Bobo), o Banco Simeón, , o novo Pazo Episcopal ou os numerosos edificios comerciais e residenciais, algúns tan significativos, como a Casa Fábrega, o da Ferraxería Villanueva ou o dos Establecementos Álvarez, hoxe desaparecido; a aparición da fonda dos Cuanda, posteriormente Hotel Roma, foi o toque definitivo, para convertela nunha rúa de categoría para unha cidade que quería comezar a “Progresar”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.farodevigo.es/opinion/2013/04/14/millas-leguas-kilometros/791093.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Carretera_Villacast%C3%ADn-Vigo

http://www.farodevigo.es/opinion/2013/05/19/importancia-historica-calle-progreso/813086.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.338014
Lonxitude: -7.866042
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84