Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Monterrei
Parroquia: Medeiros (Santa María)
Lugar: Medeiros - Rúa do Torreón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Torre medieval de Medeiros, datada no século XV, está feita con cachotería ben asentada e reforzada nas catro esquinas con porpiaños escadrados de boa e grande factura, ao mesmo que ás dúas fiestras dos dous pisos da torre. Tiña entrada en patín, hoxe cegada e ten adherido os restos do vello muro que circundaba o pazo xa desaparecido dos Machados, da familia nobre dos Salgado. Na parte máis baixa hai un lagar de pedra antigo. No primeiro piso conserva un parladoiro con pedra de bastante calidade e está rematada no último piso cun tellado de tella cerámica a catro augas, dúas grandes e dúas pequenas, cun entarimado especial da torre. A toponimia fala da Torre de Medeiros e a rúa onde está é a do Torreón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

As persoas máis vellas lembran que o muro, de seis metros de altura, tapaba un patio, hoxe ocupado por uns garaxes de bloques e cemento, que pertencía ao pazo, xa desaparecido da familia citada, e que pertenceu ao Xesuítas, que, efectivamente, tiveron durante dous séculos en posesión as rendas desta parroquia.

Tamén contan que hai un túnel que comunicaba a torre coa reitoral, a uns trinta metros de distancia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BOUZA BREY, Fermín: “Hidalguías del Valle de Monterrey en el siglo XVI”. Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense. Tomo 12, n. 247 (xullo-agosto 1939); pp. 161-167.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9033590415
Lonxitude: -7.5428827107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84