Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Miguel)
Lugar: Pías
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela feita a base de cantería granítica. Posúe unha soa nave de planta rectangular, con teitume a dúas augas con dous pináculos nos extremos. Os muros aparecen rebocados e pintados de cor branca.
Na súa fachada podemos ver a porta de aceso con arco apuntado, o mesmo que os dous ocos laterais. Por riba da porta unha fiestra co mesmo tipo de arco.
O conxunto remata nunha pequena espadana dun só arco con remate en cruz.

Segundo di o estudo da Diócese Tui-Vigo, esta capela pertenceu ao Mosteiro de Oia como se recolle nun documento de Beneficios do ano 1754, aínda que xa hai referencias dela na visita que fixo a esta parroquia o Bispo Diego de Avellaneda no ano 1528.
Cando o Mosteiro de Oia se extinguiu pasou a propiedade da Diocese, quen no arranxo parroquial do Arciprestado da Guarda do ano 1854, agregouna a esta de San Miguel.
Debido ao estado ruinoso en que se atopaba, foi restaurada no ano 1.925 por subscrición popular promovida polo párroco Don Xosé Pedreira Sobrino. Foi unha obra de consolidación e reforma dándolle máis altura. Tamén se cambiou o antigo retablo barroco polo que presenta na actualidade. Ao ano seguinte colocouse a pequena campá que ten na actualidade na espadana. No ano 1994 realízanse novas obras para a súa ampliación e mellora segundo proxecto realizado por María A. Leboreiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha A_038 – Páxina 61)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/san%20miguel%20de%20tabagon.pdf

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9149464773
Lonxitude: -8.83302390575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84