
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Mos
Parroquia: Mos (Santa Baia)
Lugar: Os Cabaleiros
Outra denominación do ben: Cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica está policromada e nela aparecen varias inscricións:
“MANDOLE HAZER I P
INTAR VN DE VOTO
AÑO DE 1734
PIDEN UN AVEMARI
A POR LAS ANIMA
S PURGATORIO”.
O seu varal é de sección cilíndrico estriado e pintado de branco. Na parte inferior podemos ver pintados distintos símbolos da paixón: unha escada, un hisopo, unha coroa de espiñas, …
O capitel é de tipo xónico no que podemos ver volutas e querubíns alados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada cos estremos potentados. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado coas mans abertas, e a Virxe Dolorosa sobre unha peaña no reverso.
A cruz posúe unha estrutura metálica a modo de farois.
O conxunto aparece protexido por unha reixa metálica.
O cruceiro non se atopa no seu lugar orixinal. Foi movido ata o lugar que ocupa hoxe en día no ano 1974.
En abril de 2016 o Concello anuncia o proxecto de restauración deste cruceiro.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha E_016)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603303.html
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/mos.pdf
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/04/30/mos-proyecta-restaurar-cruceiro-camino/1451525.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces e Cruceiros do Concello de Mos. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. (2009). “Os Cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Actas do 1º Congreso Galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2097863764Lonxitude: -8.60916808248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84