Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Corcubión
Parroquia: San Marcos de Corcubión
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Fronte o peirao atópase o antigo cárcere do ano 1854. Ten unha planta trapezoidal, con patio central, e desenvolta nun mesmo nivel. A entrada, cara ó porto, realízase a través dun arco de medio punto que se traza nun corpo de perpiaños almofadados. Os paramentos quedan recebados e pintados de branco, agás os esquinais e dúas pilastras da fachada principal.
Este cárcere construíuse co gallo da implantación no Estado, no ano 1833 da división provincial e a creación das Deputacións Provinciais, xurdindo tamén por estas datas os partidos xudiciais, nos que se integrou a vila de Corcubión, tendo entre os seus cometidos a asistencia penitenciaria.
O interior do cárcere foi totalmente reformado polo concello, destinándose para actividades culturais e de servizos, sendo hoxe a oficina de información turística da Costa da Morte e asemade a sé da Asociación Profesional do Sector Turístico (APTCM).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9445332275915Lonxitude: -9.190975427627563
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84