Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)
Lugar: A Xesteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Ampla plataforma de tres chanzos con baseamento cúbico. Nel observamos dous epígrafes, un deles ilexible no reverso e outro polo lateral que reza:

Año de 1701 (ano de 1701)

Este derradeiro epígrafe debe de ser un engadido posterior pois non casa feitura e a distribución do cruceiro. O baseamento ten un par de coviñas cubertas de cemento na parte superior. As beiras están decoradas con cadrados en altorrelevo. Varal é cilíndrico rematado nun capitelo con gran collarino con pequenas volutas angulares. A cruz é latina e sinxela cunha virxe en aptitude orante no reverso e un Cristo crucificado de feitura popular no anverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Ficha 68. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA007.PDF

García, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do concello de Cotobade” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1998. ISBN 84-89690-32-4.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4448745417
Lonxitude: -8.53884458542
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84