Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Alba (Santa María)
Lugar: Touceda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Casa grande de dúas alturas e cuberta a tres augas, no que destaca a gran chiminea da lareira, e muros de perpiaño de granito. No interior conta con adega, lagar escalinata en perpiaño protexida por beiril e balaústres torneados.

Na fachada vemos unha porta principal alintelada e acobadada, e sobre ela disponse un balcón de pedra sobre canzorros. No remate temos un frontón semicircular sobre un vano cego circular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dis ca a Raíña Isabel de Portugal estivo aloxada nesta reitoral cando peregrinaba a Santiago.

Tamén se di que un párroco cando se atopaba observando o paso das tropas francesas que ían cara Santiago, foi morto de un tiro por un destes soldados.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Barral, Serxio. “El Concello detecta «certo abandono» en bienes de la Iglesia” La Voz de Galicia, 12/10/2013 (edición dixital) Dispoñible en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/10/12/concello-detecta-certo-abandono-bienes-iglesia/0003_201310P12C2995.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4619587101
Lonxitude: -8.64466309547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84