Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Cutián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta cabana ten a particularidade de ter un balcón nunha das paredes testeiras. O balcón ten un muro de perpiaños por unha banda namentres que pola outra so ten unha columna rematada nun canzorro que axuda a soster unha lousa de cantería de granito que forma a cuberta. A súa funcionalidade parece ser a de dotar dun espazo a cuberto da choiva na entrada a cámara da cabana.
A Cabana sostense sobre pares de esteos oitavados de base máis ancha. Sobre eles van colocados de dous en dous e de forma transversal os tornarratos paralelepípedos. No caso do balcón, os tornarratos van colocados paralelos ao eixo lonxitudinal da cabana. No seu día tería un piso de carpintería de madeira que non se conserva.
As paredes costais están formadas por padieiras en cantería sobre as que se elevan as columnas con bufardas, enriba de cada esteo, facendo de marco para os pasaventos de madeira.
A cuberta é a dúas vertentes con lousas de granito. Sobre os pinches, temos penales rematados cunha cruz nunha beira e cun pináculo na outra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5169142878
Lonxitude: -8.53336751461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84