Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Corvelle (Santa María)
Lugar: Pereira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Pequena construción de cachotaría de planta cuadrangular e cuberta a dúas augas. Trátase do único forno comunal conservado na vila de Pereira, posto que os demais existentes, e en ruínas, son de carácter privado. Presenta unha soa planta e todas as partes comúns dun forno de leña para cocer o pan.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Non contén.


Tradición oral:

Innumerables contrabandistas e mendigos se agocharon neste forno, como como o famoso “madrileño”, que vivía do que lle daba a veciñanza. Até mediados do século XX a actividade neste forno foi tan intensa que mereceu o nome popular de “Casino”. A partires dos anos 50 seguiu a cocer con moita intensidade, aínda que minguando progresivamente até deixar de facelo a comezos dos anos 90. No ano 2007, coa Iª Festa do Pan da Baixa Limia, recuperou a súa actividade e converteuse en lugar de recreo para a mocidade e centro cultural da vila. Porén, a actividade tradicional só se desenvolve un par de veces no ano.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non se atopa en risco, aínda que precisa certas melloras na capela do forno, porta e trabes. Se atendemos a criterios urbanísticas e de integración do medio e os inmobles convén subliñar que a ambas bandas do forno preséntanse muros de bloques e cemento que dan a entender a falta de consideración do concello á hora de aconsellar cumprir normas de hábitat e criterios de urbanismo e conservación do medio rural.


Onde está localizado

Latitude: 42.0387077306
Lonxitude: -8.00720930099
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84