Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Brión
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Trasouteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situado no lugar Trasouteiro, está a moi pouca distancia das Torres de Altamira. Ten unha ampla vista cara o Val da Amaía. Está amurallado e éntrase por unha porta con arcada de pedra. Vai construído a base de cadeirado e cachotería. Foi coñecido como pazo dos Condes de Altamira, e algúns historiadores queren atribuír ao século XIV as partes máis antigas do edificio, pero sufriu moitas reformas posteriores, sobre todo no século XVII. Martínez Barbeito coida que quizá fora erexido, como moi tarde, nos tempos do conde Lope de Moscoso e Ruíz de Castro (entre os séculos XVI e XVII). A planta é rectangular con baixo e dous andares, e como elemento destacable a solaina orientada cara o sur. Despois da venda das Torres de Altamira, para este pazo viñeron varios obxectos, como o retábulo da capela, coa representación dos Reis Magos, e tamén unha fonte renacentista (na actualidade desaparecida por roubo).Foi vendido polo conde de Altamira en 1873 a Domingo Barbeira, que botara varios anos en Cuba, e desde entón pertence aos seus herdeiros. Hoxe o pazo está moi deteriorado e a súa decadencia acentuouse ao caerlle o teito. O que antes era unha finca con frutais e árbores ornamentais agora é practicamente un lugar cheo de maleza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA013.pdf pax 19
Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Perigo de ruína.


Onde está localizado

Latitude: 42.871789029
Lonxitude: -8.69179487228
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84