Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: Novelúa (San Cristovo)
Lugar: Novelúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa sitúase no antigo emprazamento dun castro que antigamente ocupaba a mesma aldea. É un exemplo de igrexa fortificada, xa que a súa torre campanario foi unha estrutura defensiva que co tempo foi modificando as súas funcións. Na ábsida conserva unha fermosa ventá con celosías.

No interior conta cun arco triunfal de fermosa factura e con excelentes capiteis. Tamén hai unha talla de San Cristovo co neno Xesús sobre o seu ombreiro.

A portada sitúase baixo un pórtico, e está formada por tres arquivoltas de medio punto, con chambrana axedrezada, apoiadas en tres pares de columnas nos derrames, con capiteis de decoración xeométrica ou con figuras de animais. Hai tamén unha inscrición do autor da obra: “Magister Martinus fecit memoria”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.82817369533407
Lonxitude: -7.794826626777649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84