Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Santalla de Toiriz (Santalla)
Lugar: O Carme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do 1725 feita a base de perpiaño granítico labrado na fachada e de cachotería irregular no resto. Posúe planta rectangular dunha soa nave e teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro e cun remate en ciborio. Presenta pináculos nos laterais da fachada principal.
Na súa fachada pódese ver unha porta de acceso enmarcada, seguidamente unha venta enmarcada con derrame interno. Para rematar unha espadana de dous vans con arcos de medio punto e pináculos nos laterais.

Esta igrexa foi mandada construir por Francisco Figueiras de Lobera, doño da Casa da Torre de Saa (http://patrimoniogalego.net/index.php/98662/2018/02/casa-da-torre-de-saa/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

No interior podemos ver un retablo maior datado no primeiro terzo do século XVIII e feito por Bernardo da Vila, veciño da parroquia. Nel aparecen as imaxes da Nosa Señora do Carme, Santa Teresa de Xesús e Santa Baia.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/o-savinao/2012/04/21/recuerdos-senoriales-panton/0003_201204M21C4991.htm

http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-41.pdf?fbclid=IwAR1ek0qJ2qtlStpOhzJzj89yE89qHMajVji4hnEfR4j_gNbZCVgrQN7xKP8 (enlace en liña da revista LVCENSIA – Miscelánea de cultura e investigación. Biblioteca Seminario Diocesano. Nº 41 (Vol. XX). Lugo, 2010.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5592446437
Lonxitude: -7.60014116764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84