
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Meira
Parroquia: Meira (Santa María)
Lugar: Meira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Foi a creación deste mosteiro que pentenceu ao Císter o que deu lugar a vila de Meira.
Na actualidade consérvase a igrexa e o claustro das procesións que forma parte do concello da vila.
Tratándose dun mosteiro cisterciense a súa arquitectura é moi austera e sinxela, aínda que conta con dous fermosos retablos no interior e un gran rosetón na súa fachada principal, onde tamén se atopan os ferraxes orixinais da porta, datados no século XII.
O mosteiro está dedicado á virxe e tamén a San Roque. Conserva tamén dous importantes enterramentos, o de Frei Anastasio Zepeda (1659) e o da nobre Dona María de Bolaño (1543).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.212979998735115Lonxitude: -7.291724681854248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
lourixe says:
Mar 4, 2013
Esta ficha é duplicada (con información cronolóxica e xeográfica erróneas) da do Mosteiro de Meira: http://patrimoniogalego.net/index.php/32825/2013/01/mosteiro-de-santa-maria-de-meira/
Alex says:
Mar 6, 2013
Desculpe, estivo vostede algunha vez en Meira? Vendo a localización está exacto, o erroneo e o que vostede propón. E sobre o tema da duplicación eu miraría as datas, non lle parece? O dos datos pon “breve descrición”, fixo vostede algunha ficha para esta páxina? Un saudo e antes de criticar comprobe as súas razóns
lourixe says:
Mar 6, 2013
Non pretendía ofender a ninguén. Vivo a 8 km de Meira, e acabo de descubrir este web, no que me encantaría colaborar. Un edificio do século XII NON É ALTOMEDIEVAL como pon na ficha. E a igrexa non está situada no lugar de Enfermería, como aparece no mapa cando o amplías, senón na Praza do Convento do centro da vila, 43º12’46″64N; 7º17’29″50W
Por se lle interesa que a información sexa correcta.
Alex says:
Mar 6, 2013
As miñas desculpas entón. Se lle parece correcto o que vou facer e borrar esta ficha mañá cando vostede lexa o comentario e así queda a outra que lle parece máis correcta, vale? A localización eu vexoa ben, xusto diante da porta da igrexa. Se lle gusta a páxina anímolle a colaborar que entre todos damos moitos bens a coñecer. Pola sua zoa penso que o dolmen de Mazoi está sen catalogar. Eu estiven alí tamén, pero non o puxen porque o estado do mesmo e bastante lamentable, pese a estar o dolmen completo. Sabe se agora está algo mellor ou segue coma sempre? Un saudo e desculpas de novo
Alex says:
Mar 6, 2013
Ah, tamén podía facer o favor de revisar o pedregal de Irimia que o cataloguei eu. Saudos
lourixe says:
Mar 6, 2013
Agora a ubicación aparece correctamente, ¿serán cousas da informática? Como era a miña primeira visita ao catálogo, o primeiro que busquei foron os bens da miña contorna, e sorprendeume que houbese dúas fichas diferentes para o mosteiro e a igrexa, con ubicacións distantes 500 m. A vantaxe que lle vexo á otra ficha é a designación de mosteiro, a datación na Baixa Idade Media e a referencia ao planeamento urbanístico.
Íame poñer cos concellos de Castro de Rei e Pastoriza, pero a páxina de planeamento urbanístico da Xunta require Internet Explorer e terei que agardar a fin de semana para usar un ordenador que o teña.
Oscar Franco says:
Nov 21, 2016
Nota de prensa do 14 de novembro de 2016 na que se recolle a nova da rehabilitación das pinturas murais da Orde do Císter.
O acto de reapertura é o día 3 de decembro:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/623167/la-iglesia-de-meira-reabre-la-sala-de-las-reliquias-el-dia-3