Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Vilar de Ortelle (Santiago)
Lugar: Marce
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela reedificada no ano 1706 posiblemente sobre unha anterior de época románica
Construída a base de cachotería fina, agás a súa fachada principal que é de perpiaño, posúe planta rectangular dunha soa nave con teitume a dúas augas.
A súa fachada principal aparece rebocada de cemento. Presenta porta de aceso con dúas bufardas horizontais nos laterais. Por riba dela un ocelo. O conxunto remata nunha espadana dun so arco con cruz pétrea de remate.
No interior destaca un arco triunfal de medio punto na metade da nave cunha inscrición que fala da reedificación da capela no ano 1706 por parte dos devotos e do párroco Alonso González de Otero.
É posible que esta capela formara parte do conxunto da fortaleza ou torre de Marce (http://patrimoniogalego.net/index.php/74522/2015/04/torre-de-marce/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O retablo da capilla se lle atribúe ao mestre Francisco de Moure.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/LUGO/panton/torrereloj.html
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (2001). Lendas e tradicións da Ribeira Sacra: Vilar de Ortelle, Pantón. Asociación xuvenil Os Estraloxos. Diputación Provincial de Lugo.
CASTRO LÓPEZ, Ramón (1929). Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca. Diputación Provincial de Lugo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5189114182Lonxitude: -7.70270213485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84