Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Oleiros
Parroquia: Dexo (Santa María)
Lugar: Lorbé (Rúa Golfiño)
Outra denominación do ben: Casa de Pardo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Integrada no núcleo da parroquia encontramo-la Casa e Torre de Lorbé, que foi construída arredor de 1703 por Alberto de Otero, o seu primeiro dono. O pazo consta de tres corpos alongados, flanqueados por unha torre de planta circular que desfigura o conxunto. Nun lateral da casa que dá á estrada, encóntrase un escudo; das súas inscricións dedúcese certa relación coa Inquisición, pois, o escudo en cuestión loce símbolos propios dos escudos que estaban presentes nas casas da Inquisición, o que non quer dicir que fose unha casa da Inquisición, pero seguramente que os seus propietarios, ou algún deles, algo tiña que ver coa dita Santa Institución. Do que non hai dúbida é que os elementos centrais as imaxes do cuartel superior esquerdo e do cuartel superior dereito son propios da heráldica das familias vinculadas coa Inquisición e dos edificios desta institución. O escudo está enmarcado cunhas molduras barrocas, actualmente partido polo engadido dunha torre de esquina no corpo principal. A torre posiblemente foi construída en dúas etapas, segundo se pode apreciar nas pedras e unións superiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Deputación Provincial da Coruña, 1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca503.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3899725182
Lonxitude: -8.30782055855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84