Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boimorto
Parroquia: Andabao (San Martiño)
Lugar: A Torre, Andabao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Perto da capital do concello, e sobre un fermoso promontorio que domina o val e moi perto das tres pedrafitas de Andabao, atopamos esta igrexa de estilo barroco, de planta de salón, vinculada á Casa da Torre do mesmo nome que o escudo da súa capela maior. Este escudo cun bo estado de conservación, pódese ler unha inscrición coa data: “HIZOSE AÑO DE 1807”, probablemente ano da súa finalización.
O templo dunha soa nave, con presbiterio rectangular ó interior e ó exterior, mostra unha sancristía apegada ó muro norte, con acceso dende o interior.
A fachada alónxase do habitual na zona ó dispoñer dunha porta de ingreso formada por un gran arco de medio punto rematado por un frontón triangular partido sobre esbeltas columnas apegadas sobre un alto basamento. Rompendo o frontón triangular temos unha doble pedra de sillería cunha cruz esculpida. Un pequeno van rectangular ilumina o coro alto. Remata esta fachada cunha espadana dun corpo formada por dous arcos de medio punto sobre machóns onde leva as campás e rematada cunha cruz de pedra. Para o acceso o campanario ten unhas escaleiras de recente construcción que distorsiona co conxunto.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro”. Vol. XVIII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIMORTO/documents/26032CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0277178226
Lonxitude: -8.12709867954
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84