Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria (Santa María)
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. Ten un varal octogonal cun pedestal cuadrangular e recadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco ten lados curvos e vértices achafranados, Ademais ten volutas, orlas vexetais e querubíns. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Dorosa coas mans en cruz sobre o peito e cunha espada cravada. A virxe fica sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Volumen III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7455250308
Lonxitude: -8.65528196096
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84