Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Soutomaior (San Salvador)
Lugar: Moreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro forma un conxunto coa fonte. Nace sobre un penedo rochoso. O seu varal nace en sección cuadrangular para pasar despois a octogonal. No medio aparece a figura do Divino Salvador sobre unha peaña.
O capitel é de tipo xónico, con volutas e unha flor en cada un dos lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nos, semellando á madeira. Nela podemos ver as imaxes de Cristo acompañado por dous anxos n parte superior, e no reverso a imaxe de San Sebastián sobre unha peaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomsoutomaior.com/documentacion/TOMOIV_CATALOGO%20DE%20BENS%20A%20PROTEXER_Vol2.pdf (Ficha S-35 / Páxinas 220 a 222)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3222390584
Lonxitude: -8.56387495995
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84