Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Padrón
Parroquia: Iria (Santa María)
Lugar: Adro de Iria Flavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado e con caveiras nos ángulos. O varal é octogonal cun pedestal cuadrangular e liso. Polo anverso do varal, a media altura, ten a imaxe de San Francisco e polo lado do anverso, a imaxe de Santiago Peregrino. Ten un capitel octogonal, con astrágalo octogonal e liso. O ábaco ten lados rectos e ademais o capitel ten follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é octogonal con pedestal e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun estado de regular a malo de conservación. O capitel foi reparado con pezas de ferro e o cruceiro está bastante erosionado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Volumen III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.745920949Lonxitude: -8.65479111671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84