Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: -- / Boqueixón
Parroquia: Ledesma (San Salvador)
Lugar: Ledesma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ponte medieval dos séculos XVI e XVII, moi famoso por unha antiga batalla que as xentes do lugar tiveron contra as tropas francesas de Napoleón durante a guerra da Independencia. Conta con sete arcos de sillería sendo chan na zona central e en baixada cara os extremos.
O carón da ponte atópase a área recreativa das illas de Gres, onde se poden atopar algúns pasos de río e espazos de descanso na natureza no río Ulla.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7943929453Lonxitude: -8.33700299263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Natalí González Cacho says:
Xul 16, 2015
O puente:
-A súa idade:
Sabemos que a ponte acutal foi construída en torno ó ano 1574 e que actuou nela como mestre de obras “D. Juan de Herrera”. Coñecido como “el Transmerano” por haber nacido en Trasmieres (Cantabria) foi nomeado “maestro de obras de la ciudad de Santiago” no ano 1570 e tamén participou en obras na catedral de Ourense e a el atribúeselle a sacristía do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Pero tamén sabemos que esta ponte que podemos contemplar na actualidade foi construída sobre unha ponte anterior que quedara moi deteriorada polas enormes riadas do ano 1571, que tamén causaron a desaparición do mosteiro de “San Xoan da Cova” en Ponte Ulla.
Sospeitamos que esta ponte mais antiga, sobre a cal está construída a actual ponte, era de orixe romano. Hay autores que situan a vía romana XIX (que iva de Astorga ata Lugo) cruzando o río Ulla en Ponte Ledesma, pero aínda que non fose así é moi probable que algúnha vía secundaria da época romana pasase por alí. Así que cando miramos para a ponte non é ilóxico pensar que 20 séculos de historia nos están contemplando a nos.
O primeiro documento do que temos constancia na asociación de veciños que nos da veracidade da antigüidade da ponte é o Testamento de D.Gonzalo Ruíz de Bendaña redactado en Camanzo no ano 1253. Neste testamento, ademais de diversas propiedades para o mosteiro de camanzo, deixa 50 sueldos para a Ponte de Ponte Ledesma.
O longo de todos estes anos, como xa vimos expoñendo, a ponte foi sometida a numerosas obras e reformas para o seu mantemento, unha das últimas grandes reformas tivo lugar a finais do século XIX e foi costeada polos productores de viño do Ribeiro (a segunda denominación de orixe mais antiga de España ) pois o viño do Ribeiro que era enviado a Santiago pasaba pola ponte de Ponte Ledesma.
-A súa historia:
Posiblemente foron moitos os episodios históricos dos que foi testemuña a ponte pero un dos mais documentados foi a batalla que nela tivo lugar durante a guerra da independencia. Alí enfrontáronse 2000 soldados do que en aquel momento estaba considerado un dos mellores exércitos do mundo, o exército de Napoleón, armados con 2 canóns, armas de fogo e cabalería contra 2000 labregos agrupados na “Xunta do Trasdeza” e armados con paos, pedras e apeiros de labranza. Nesta histórica batalla , que tivo lugar o 9 de Marzo de 1809 saíron vencedores os labregos, o que constituíu un feito inédito naquel momento. Como dato anecdótico indicar que no ano 2009 foi colocado na ponte un monolito comemorando a batalla e ese monolito foi doado por un descendente o Xuiz Correxidor das tropas da Xunta do Trasdeza “D.José María Rivas de Taboada”.
-A ponte no camiño de Santiago:
Esta ponte tamén se atopa nun dos ramais do camiño de Santiago, en concreto no camiño do Sudeste ou Mozárabe, popularmente coñecido como “A vía da Prata”. Unha vez que os peregrinos chegaban á zona de Lalín moitos deles seguían o seu camiño por Ponte Ulla , pero había outros que desexaban visitar o santuario de “O Corpiño” e o mosteiro de Carboeiro, pasaban tamén estes peregrinos por Santiago de Fontao (onde incluso houbo un pequeno hospital de peregrinos) e por Merza ata Santiago de Gres.
Os peregrinos que pernoctaban en Gres durmían na que é a casa natal do escritor D. Xosé Neira Vilas e que actualmente é casa-museo. Despois cruzaban a ponte de Ponte Ledesma previo pago de un importe que aparece reflexado nunha pedra que se atopa xunto á ponte a carón de unha pequena capela adicada á virxe do Carmen. Subían por unha antiga calzada romana ata Castro (parroquia de Oural), recorrían as terras situadas ó leste do Pico Sacro, dirixíanse a Santiago polo monte Rubio, subían por Sar e entraban na cidade pola única porta da muralla que rodeaba a cidade de Santigo que a índa se conserva, a porta de Mazarelos.
-A súa estructura:
O puente mide 102 metros de longo e está formado por 9 arcos de sillería. Ten tallamares triangulares río arriba e trapezoidales río abaixo.
Oscar Franco says:
Xul 22, 2016
Boas novas para esta infraestrutura. A noticia é do 21 de xullo de 2106:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/boqueixon/2016/07/21/comienzan-trabajos-limpieza-rehabilitacion-viaducto-ponte-ledesma/0003_201607S21C7992.htm