Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Caritel (Santa María)
Lugar: O Coto
Outra denominación do ben: Cruceiro do Coto
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados, o superior coas arestas rebaixadas.
A súa base tamén cadrada da paso a un varal de sección circular que remata nun colariño e un capitel cuns relevos, moi desgastados, a modo de volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada, coas arestas rebaixadas e os brazos potentados, no que aparece unha imaxe que semella a Virxe sobre unha peaña, con coroa e levando ao Neno no colo. Na outra cara da cruz existe unha cartela de INRI sen imaxe.

O cruceiro, que aparece acompañado dun repousadoiro apoiado sobre dúas semicolumnas, foi trasladado dende a fachada principal da igrexa ata a súa ubicación actual entre os anos 1946 e 1947.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-igrexacaritel.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3604307.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa. MARTíNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3859351262
Lonxitude: -8.46026524901
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84