Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Calvos de Randín / Limia (comarca)
Parroquia: Rubiás dos Mixtos (Santiago)
Lugar: Santiago
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo románico que foi reformada no século XVIII. Ten planta de cruz latina con presbiterio máis baixo que o resto do templo. Muros de cadeirado de granito e fachada con porta alintelada enmarcada por un chafrán redondeado. Os seus laterais van rematadas en pilastras e acaba por enriba en cornixa curva de moldura con volutas nos extremos. Ventá moi estreita e rectangular no hastial, cos lados biselados para dar luz ao interior. A espadana ten con dos ocos de arcos de medio punto e frontón triangular cun van que remata por enriba en pequeno arco. A ábsida conserva ventá románica de medio punto cunha columna pegada e arquivoltas con adornos de media cana. Na espadana e nos remates da cuberta leva pináculos piramidais rematados en bóla. Nos beirados pódense ver canzorros xeométricos. A igrexa, cuxo atrio era o Parlamento do Couto Mixto, tiña as paredes recubertas por unha capa de cal que ó ser eliminada revelou unha xoia renacentista en Galicia: doce pinturas de tamaño natural datadas entre os séculos XV e XVI que representan escenas de iconografía relixiosa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALVOSDERANDIN/documents/0425CA012.PDF
pax 9


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9078166107
Lonxitude: -7.81788825989
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84