Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Suevos (San Mamede)
Lugar:
Outra denominación do ben: O Castillo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O asentamento atópase no val regado polo rego de Freixeiro e sobre unha extensa meseta que se inclina cara o canle do río. Aproveita un pequeno outeiro que apenas se ergue sobre as terras da contorna. Dende un punto de vista defensivo as condicións non son as máis idóneas pois é facilmente controlado dende os pequenos montes que o rodean. De forma elíptica ten unhas medidas de norte a sur duns 140 metros e de leste a oeste de 110. Conta cunha soa muralla, perfectamente visible en toda a súa extensión e de estrutura sólida, malia as constantes labores agrícolas que se teñen levado a cabo neste lugar. Esta ten un ancho de grandes proporcións e cunhas medidas máximas na banda do norte, onde a base chega a medir uns 10 m. En todas as bandas o parapeto érguese considerablemente por enriba das terras circundantes e cunha medidas interiores superiores aos tres metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra. Ed, Sementeira, 1992 ISBN 84-87848-02-8
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA010.PDF
pax. 8 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9900204794
Lonxitude: -8.7625837326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84