
Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...) ,
Concello: Noia
Parroquia:Noia (San Martiño)
Lugar:Noia
Cronoloxía: Século XX ,
Descrición:
Edificado en 1920, é un dos edificios rehabilitados do casco histórico de Noia que se salvou dunha segura desaparición, e tranformado en un teatro municipal. Edificio modernista con elementos que o identifican nesta corrente.Pedro García Vidal expón no seu libro «A Noia da Memoria» as características que según Concha Allut definen o edificio: «emprego de formigón na estructura e o ferro na ornamentación, a sobria decoración que se reduce a formas xeométricas, e a adaptación satisfactoria ao entorno por medio de soportal..». Ten cinco arcos na parte inferior, o central de maior amplitude. Na segunda planta ábrense cinco ventanais correspondentes cos arcos, todos con columna central a modo de parteluz. O ventanal central está dividida en catro espazos con triple parteluz e remate superior a maneira de arco. A ampla ficha das carecterísticas técnicas do teatro,asi como planos, son especificadas na páxina do Mirem (mapa informatizado dos recintos escénicos e musicais).
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
Pedro García Vidal.A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana. Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/0252CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA007.pdf (pax.6)
http://www.mirem.net/ (buscar en Galicia Coliseo Noela)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación:: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

