Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontecesures
Parroquia: Pontecesures (San Xulián)
Lugar: San Xulián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, rematouse de construir o primeiro de outubro do ano 1116 sendo Obispo don Diego Xelmírez. Segundo a carta arqueolóxica editada polo museo Provincial de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara adicada a Xúpiter, outra ofrecida os Lares e outras dúas ilexíbeis.
San Xulián de Requeixo é un templo de difícil interpretación, pois, aínda que aparentemente conserva gran parte da súa primitiva factura románica, óllase a simple vista que sufreu numerosas reformas.
O templo é dunha soa nave, sen ábsida, sendo o seu interior moi sobrio, presentando unha cuberta de madeira a dúas augas. O testeiro atópase moi reformado, mostra un gran van rectangular e o seu carón percíbese unha antiga porta rectangular cegada. Sobre o piñón sitúase unha sinxela cruz.
No exterior, o muro meridional da nave, aínda conserva algunhas partes interesantes da obra románica. Nesta fachada ábrense tres vans, aínda que só o central é orixinario. Trátase dunha sinxela saeteira con derrame interno e con remate superior en forma de arquiño de ferradura. O máis oriental é un pequeno van cuadrangular, de evidente factura moderna e o da parte occidental, unha saeteira rectangular, posiblemente dunha reforma posterior. Destacan os doce canzorriños entre os que ollamos dúas cabezas de monstros, un coa boca aberta e unha gran lingua e o outro que semella coller un obxecto cuadrangular e unha figura humana sentada tapando as súas partes coas mans. Ollamos neste muro tamén, un arco de gran tamaño sen sabermos ben cal sería a súa función.
No muro setentrional non conserva ningún van orixinal nin canzorriños. Presenta unha sinxela porta alintelada e dous vans, un cuadrangular e outro en forma de saeteira rectangular.
A fachada principal non é orixinal ollándose modificacións. Ábrese no centro unha porta de arco de medio punto e, enriba desta, un pequeno óculo que da luz ó seu interior. No vértice da fachada, ábrese unha pequena fornela coa imaxe de San Xulián no seu interior. Coroando o vértice unha sinxela cruz de pedra e flanqueando o lado norte, un pináculo con bóla. No lado sur, álzase unha robusta torre-campanario cuadrangular formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde levan as campás e, rematadas cunha cornixa e unha cupuliña.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Sinalar que a partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da fraguesía de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do arzobispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Ata entón o culto víñase celebrando na antiga igrexa de San Xulián e no pequeno santuario da Leprosería de San Lázaro. Este santuario existiu ata o último terzo do século XIX, na praziña da igrexa. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construir un novo templo en Requeixo. O novo templo construíse co esforzo de tódolos veciños, quedando inaugurada o 8 de outubro de 1893 e quedando San Xulián como capela. A partires do ano 1925 constituíase o novo concello independente de Pontecesures, e a freguesía de San Xulián de Requeixo, mediante providencia do Provisor do arzobispo de Santiago de Compostela, pasaba a chamarse como na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESURES/documents/0871CA002.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESURES/documents/0871CA003.PDF
http://www.romanicodigital.com/documentos_web/pdf/PDF%C2%B4S_VISOR%20On-Line%20Abierto/PONTEVEDRA/Pontecesures.swf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.725294382
Lonxitude: -8.65073025227
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84