Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribeira de Piquín
Parroquia: Os Vaos (San Xoán)
Lugar: Os Vaos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa dos Vaos está situada na aldea do mesmo nome, nun encaixado val sobre un esporón de forma circular arrodeado, agás por un punto polo NO, polo río Rodil, tributario do Eo, construída do que semella un antigo castro. O templo pertenceu á Orde de San Xoán de Malta, con centro en Portomarín que administrou a parroquia ata o ano 1876. Nun dos libros de Fábrica da igrexa, do ano 1652, menciónase a relación mediante a fórmula “jurisdicción hespiritual de la encomienda de Portomarín”. No muro exterior sur do edificio consérvase un reloxo de sol realizado en lousa en cuxa parte inferior lese: “SIENDO PRIOR DON FRAN.co BR.do PASARIN Y QVINDOS A.o DE 1742”, que pode se indicativo da condición de priorado da citada orde militar. Malia o anterior, no Catastro de Ensenada do ano 1753 alúdese a este cura como párroco dos Vaos e non como prior. O templo é de amplas proporcións, atópase revogado en cal, con tres naves cubertas en lousa. No interior hai un gran retábulo maior neoclásico. Nun retábulo lateral vese unha imaxe policromada do Santo André, do século XV.
O elemento máis chamativo e enigmático do templo atópase na parede oeste do pórtico, fronte á fachada da igrexa, onde se abre unha ventá cunha cruz latina gravada en baixorrelevo na parte superior, e por riba, empotradas na parede, expóñense cinco caveiras humanas que configuran unha posición vertical, a máis de 2,50 metros do chan, que lembra un triángulo. Ningún dos cinco cranios conserva a maxila inferior. As cinco caveiras miran á fachada da igrexa, “como se duns asistentes máis ás cerimonias relixiosas se tratase”. En ningún momento reciben a luz directa, aumentando así a súa lúgubre apariencia. Nada se sabe do que poden representar. Non moi lonxe hai outras dúas igrexas con semellante simboloxía: a de Santa Comba de Órrea (Riotorto) e a de Santa María de Conforto (A Pontenova), cadansúa cunha caveira empotrada nun muro e sen a maxila inferior.
Dende o lugar domínase a maior parte das aldeas colgadas sobre a ribeira do Rodil.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galicia:http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

Abraira Pérez, M.A. 2005: La muerte de cara y la cara de la muerte. Empotramiento y exposición de cráneos humanos en trs recintos sagrados rurales de la provincia de Lugo. Análisis cultural.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1793413913
Lonxitude: -7.1657037735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84