Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Outeiro de Rei (San Xoán)
Lugar: Outeiro de Rei
Outra denominación do ben: Casa da Señorita
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Foi fundada pola familia irlandesa O´Kelly, a partir dunha torre medieval, nas últimas décadas do século XV, e posteriormente pasou ás mans do liñaxe dos Gayoso por enlaces matrimoniais.
Situada dentro do casco urbán da capital municipal, San Xoán de Outeiro de Rei, presenta unha planta rectangular, volume moi compacto con ocos pequenos. Solaina traseira ó xardín, muros de cachotería de lousa e dúas portas de arco de medio punto enmarcadas con grandes pedras de cantería.
Do que foi a primitiva construcción só quedan os restos dunha muralla así como a estrutura do edificio (dous andares con 11,20 metros de fachada). Na parte máis alta da mesma, aparece unha pedra heráldica enmarcada por unha figura saínte, biselada, que encerra dous escudos: o primeiro, unha aguia sobre tres barras e o segundo un “M” sobre barras e peixes (emblemas dos Aguiar, Montenegro e Gayoso). En canto ó interior da casa, atópase bastante deteriorado, con modificacións e engadidos nas diferentes dependencias.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTEIRODEREI/documents/0683CA001.PDF
http://www.outeiroderei.org/patrimonio.php?secc=pazos (Texto ïntegro)
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/torres-medievais-de-outeiro-de-rei.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1023576691
Lonxitude: -7.61463850737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84