
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Ferrol
Parroquia: Ferrol
Lugar: Praza da Constitución
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
De base poligonal de granito, formando un octógono, sostén un alboio de ferro colado, con columniñas que flanquean as varandas dos lados. Leva ménsulas no beirado, con antefixas, e a cuberta de cinc con armazón de soportes férreos. Accédese ó quiosco por unha dobre escaleira de nove chanzos cada tramo e ten unha entrada ó parking entre esas escaleiras de ferro colado. A data da súa construcción sitúase nos anos finais do século XIX, sendo realizado, que non deseñado, ó parecer, pola desaparecida fundición herculina de Manuel Ortiz. É idéntico ó Quiosco da Coruña (1884) e ó de Tuí, respondendo a un modelo británico, da Casa Walter MacFarlam, de Glasgow, deseñado por Manuel Riva de Soto, que resulta se-lo mestre de obra encargado, neses momentos, da supervisión das obras municipais. Vén substituí-la falta dunha obra semellante anteriormente situada na Alameda. A contratación desta obra foi aprobada polo concello no ano 1896, levándose a cabo as obras no 1898.
Ata os anos vinte do século XX, actuaban alternativamente no quiosco as bandas militares do Tercio Norte de Infantería de Mariña e a do Rexemento de Infantería “Mérida 65”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Ferrol”. VOL.XIV. Deputación Provincial da Coruña, 1997. (Texto Íntegro).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4832065792Lonxitude: -8.23195427656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2017
Engado os seguintes enlaces web:
http://palcosdamusica.blogaliza.org/2011/10/20/ferrol/
https://sites.google.com/site/plazasyjardines/home