Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Ganade (San Bartolomeu)
Lugar: Ganade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro barroco, sobre grada tripla e baseamento cúbico érguese un fuste liso de sección circular coroado cun capitel de volutas. A cruz de perfil rectangular leva unha decoración dentada que combina segmentos curtos con longos e nos extremos dos brazos un círculo tallado con outro de menor tamaño no seu interior. Porta dúas imaxes, no anverso Cristo crucificado con tres cravos e no reverso imaxe de Dolorosa de figura estilizada con longas roupaxes moi pregadas. As mans unidas recollendo ó mesmo tempo o manto.

É declarado Ben de Interés Cultural, e atopase nunha zona de recreo ao carón do regueiro, na Barxa, en Ganade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=090050


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.028451
Lonxitude: -7.793153
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84