Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Ferrol
Lugar: Praza das Angustias. Barrio de Esteiro.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Construcción deste templo foi propiciada pola Congregación de Nosa Señora das Angustias, fundada en decembro de 1768. O edificio de estilo barroco clasicista, presenta unha estructura arquitectónica de planta rectangular, dividida en dous treitos, en que se inscriben unha soa nave e un presbiterio. A nave presenta unha estructura aérea desenvolvida a través dunha bóveda de canón, en que están presentes unha serie de lunetos en que se abren diferentes ocos que permiten a iluminación natural do templo. Para realizar ditas bóvedas utilizáronse fortes pilastras, das que arrican os arcos que definen os tramos interiores do edificio.
Exteriormente, o edificio presenta uns muros lisos, en que se fixo un revestimento e posterior branqueado, remarcando con pedra á vista os esquinais e o recercado de ocos. A fachada principal presenta igualmente un amplo pano branco central, característica que posúen a maior parte dos templos ferroláns, utilizando tan só a cantería nos esquinais e nos elementos decorativos. No eixe vertical central ábrese unha porta rectangular e alintelada, enmarcada por dúas pilastras dóricas que sosteñen o friso sobre o que apoia un frontón semicircular. Enriba desta, unha gran xanela con arco de medio punto sostido por dúas columnas e, todo o conxunto central xunto cos amplos panos brancos, están flanqueados por dúas pilastras laterais formando o rectángulo da fachada. Pecha ese rectángulo unha cornixa voada sobre a que se sostén un pequeno ático que ennobrece as súas esquinas con pináculos ou xerros de granito; ocupando o espazo central un frontón triangular cun reloxio e a torre-campanario cuadrangular formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde levan as campás e que está cinguida por unha balconada de ferro colado. Todo isto está rematado cunha cornixa e unha pequena cupuliña cun pináculo piramidal octogonal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Ferrol”. VOL.XIV. Deputación Provincial da Coruña, 1997. (Texto Íntegro).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.482883518Lonxitude: -8.22863101959
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Mar 27, 2017
Esta igrexa aparece no PXOM do Concello de Ferrol:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.PDF (Ficha B 20 / Páxina 20)
Tamén aparece inventariado no catálogo da Xunta co código RI.000005807
Oscar Franco says:
Xuñ 5, 2020
A prensa dixital do 4 de xuño de 2020 recolle a nova da restauración deste ben:
http://historiadegalicia.gal/2020/06/a-xunta-resturara-tamen-unha-das-igrexas-mais-importantes-da-semana-santa-de-ferrol/
Oscar Franco says:
Xan 23, 2021
A Xunta de Galicia axjudica as obras de restauración deste ben arquitectónico. Así se recolle na nota de prensa do 20 de xaneiro de 2021:
https://www.cultura.gal/es/nova/73046