Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Urgal
Outra denominación do ben: Cruceiro e Peto de ánimas do Urgal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fermoso conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

O cruceiro, do século XVII, nace sobre un chanzo cadrado no que se apoia unha base de sección cadrada coas arestas rebaixadas no que podemos ver unha inscrición pouco lexible. O varal, de sección circular, posúe unha imaxe de San Sebastián sobre unha peaña na súa parte media. A continuación o capitel de sección cilíndrica. O conxunto remata nunha cruz de tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O peto de ánimas, de factura moito máis moderna, posúe unha fornela con arco de medio punto na que aparece a imaxe de San Francisco de Asís en posición central portando unha cruz na man. Por baixo e entre as lapas do Purgatorio podemos ver tres figuras coa cabeza cuberta. Antigamente o retablo estaba policromado.
Na parte inferior destaca unha pequena porta metálica para recoller as esmolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_020 – Páxina 226)

BIBLIOGRAFÍA
“Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999; de Xoán Martínez Tamuxe.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9295709895
Lonxitude: -8.83412227035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84