Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Botos (San Xoán)
Lugar: Sestelo
Outra denominación do ben: Castro de Botos
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro a unha altitude de 470 metros componse dun recinto ovalado ao que se accede despois de pasar un complexo sistema defensivo que o protexe pola zona norte, que é a zona do esporón do río Asneiro máis vulnerable no que se sitúa o asentamento. Posúe un recinto central de forma ovalada que mide de norte a sur uns 70 m. e de leste a oeste 63 m.
A croa xunto coas súas defensas acadarían unha lonxitude de 110 m. Se contamos as defensas externas estaríamos falando dunhas medidas de 250 m. no eixo norte-sur.
O recinto principal está rodeado dun terraplén que acada a maior altura, duns 8 metros, na banda oeste. No lado leste a caída natural do terreo fai de defensa e terraplén. A entrada estaría na zona nordés, onde remata o parapeto e está o acceso por unha rampla curva. As defensas exteriores da zona norte estarían compostas, segundo o proxecto de “Recollida de información do patrimonio cultural castrexo da comarca do Deza” da Deputación de Pontevedra da seguinte maneira: “..Uns 150 m. cara o norte deste recinto desenvólvense un complexo sistema de defensas exteriores, que protexe o xacemento na zona mais vulnerable do esporón sobre o río no que se empraza. Describindo de sur a norte, atopamos en primeiro lugar un parapeto con forma de arco, máis ancheado cara ao oeste. Seguidamente, hai un parapeto engrosado tipo bastión. A continuación, hai un foxo, seguido en paralelo dun parapeto alongado en sentido leste-oeste. Ambos elementos conectan nos seus extremos coa pendente natural do terreo. Ao norte do parapeto hai un segundo foxo que o percorre en paralelo na súa totalidade. Finalmente, no extremo leste, e enlazando con este foxo, hai un pequeno parapeto engrosado formando un bastión de terra. Unha pista de terra, recentemente ensanchada, atravesa este complexo sistema defensivo de norte a sur. Polos cortes vemos que a súa composición é aparentemente de terra. Non descartamos a posibilidade de que, o trazado deste camiño, puidese coincidir coa vía de acceso orixinal ao interior do castro”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36024033
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Buxán, Carme. Guia dos Castros de Lalín
CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla.
Tese Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela.
(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín:Patronato cultural de Lalín,
Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín
Enlaces web
http://www.lalin.org/files/Botos-Sestelo.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
pax 19 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6378420359Lonxitude: -8.15713405609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 11, 2020
Conta a lenda que “Do Pío dos Mouros, no castro de Sestelo en Lalín, saíu un touro bravo feito unha furia. Como o castro está nun esporón á beira do río Asneiro, o touro ó atoparse co río tivo que dar volta e retornar ó lugar de onde saíra. E así, a causa da terra que levantou no percorrido de ida e no de volta, foi como se fixo o complexo sistema de defensas exteriores que o castro ten na súa parte máis vulnerable”.
Recollido de: https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=1286041985104468&id=331628127212530