Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vimianzo
Parroquia: San Xoán de Calo
Lugar: Castrobuxan
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A ermida de Castrobuxán atópase nun outeiro respondendo á estrutura típica dos santuarios de mediados do século XVIII. Fórmao unha nave rectangular con tellado a dúas augas e un presbiterio cuadrangular, con teito ó centro e elevado a maior altura ca nave. A fachada remata nunha pequena espadana onde ten a súa única porta de entrada. Á dereita desta unha pequena solaina sostida por dous piares de pedra de granito.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior hai un interesante retábulo barroco de estípites do ano 1760, con cinco relevos relacionados coa vida da Virxe e a infancia de Xesús. O seu autor é anónimo aínda que se spensa que podería ser un mestre compostelán.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.139042653730485
Lonxitude: -9.06099557876587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84