Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Soutolongo (Santa María)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben: O Castro, Castro daquil lado.
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro amosa un recinto central cun gran antecastro pola zona sueste. Mide 87 metros no eixo norés-suroeste polo interior e 100 m. cara o exterior. No eixo noroeste-sueste mide uns 50 m. no interior e 65 m. no exterior. A croa está defendida por un terraplén artificial na súa metade leste e aproveita como defensa unha forte pendente cara o río.
Segundo a descrición da ficha deste asentamento, do proxecto “Recollida de información do patrimonio cultural castrexo da comarca do Deza” da Deputación de Pontevedra :
“..A croa está defendida por un terraplén artificial na súa metade leste, mentres que na zona oeste aproveita o terraplén natural cunha forte pendente cara ao río. No sector sueste hai un parapeto de terra defendendo a croa, cunha altura máxima duns 2 m. dende o interior. A entrada ao recinto estaría no suroeste, onde o parapeto interrómpese e amplíase. O acceso está defendido polo exterio, ao oeste, cun pequeno parapeto circular alongado de terra -tipo bastión-, duns 10 m. de lonxitude e un pequeno foxo. Cara ao sueste desenvólvese un antecastro dividido en dúas terrazas por un terraplén que o atravesa de norte a sur. Ten unha extensión de 100 m. no eixo N-S, e 110 m. no eixo E-W. Como na croa, combínanse as defensas artificiais cos terrapléns naturais. O acceso ao antecastro é polo sur onde hai un foxo que completa a súa defensa.”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lalin.org/files/Vilar-Soutolongo.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
pax 19 do pdf
Buxán Saco, Carmen. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”.
Páx. 16.
CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral
lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela.
(2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de
Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6376526116
Lonxitude: -8.15412998199
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84