Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Teixeira
Parroquia: Pedrafita (San Martiño)
Lugar: Celeirós
Outra denominación do ben: Castro de Celeirós
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Ademais do monte e o topónimo, apenas se observan restos estruturais, e non se coñece a aparición de materiais. Aínda que no PXOM do Concello da Teixeira di que desapareceu, pola cara oeste aprécianse os restos do que puído ser un foxo.
No ano 1995, non moi lonxe do castro, no cemiterio de Pedrafita, atopouse a coñecida como Estatura Sedente de Pedrafita.Trátase dunha figura granítica sentada nun trono á que lle falta a cabeza e o pé dereito. Adornada con pulseiras, entre as mans sostén un recipiente. O trono está decorado con dentes de lobo nos traveseiros laterais e un tríscele no respaldo. Aínda que caben outras interpretacións, quizais estivera asociada ao culto aos mortos. Custódiase no Museo Arqueolóxico de Ourense (a foto da estatua saqueina no ano 2011, no museo provisional onde se expoñen algunhas pezas, situado no antigo convento de San Francisco).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a lenda, a mediados dos anos cincoenta do pasado século, ao traballar a terra, un veciño atopou unha roda de ouro dun carro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Castros de Galiza/Galicia II en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/coag/mapes/ATEIXEIRA/documents/0498CA007.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3616611294Lonxitude: -7.49241828918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84