Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: A Ponte de Traba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Aínda que non se sabe certo a data da súa construción, Pedro García Vidal no libro “A Noia da Memoria” apunta que aparecía debuxado no plano do XVI xunto con muíños ao seu carón. Xerardo Agrafoxo describe o paso por Noia da calzada romana “Per Loca Marítima” da seguinte maneira. “próxima ao litoral e dende Baroña dirixíase cara Portosín, Miñortos, Obre, Chaínza e chegaba ao “oppidum” de Noega pola Peña do Ouro, Ponte de San Francisco, Sueiro, Argote e o Couto”. A partires de aí cruzaba o río Traba, polo tanto esta ponte sustituiría a outra no punto desa vía, para atravesar o río. Ten catro arcos medievais apuntados de sillería granítica, apoiados en piares tamén deste material e o ancho de paso e de 2´5 metros e a súa lonxitude 40 metros aproximadamente.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
García Vidal, Pedro. A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana.
Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
Agrafoxo Pérez, Xerardo. Noia: Unha vila histórica, dende a orixe ata a Idade Moderna.
Colexio Público de Lousame ISBN:84-398-9361-Z.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7853385852Lonxitude: -8.88357281685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 23, 2017
Denuncia do mal estado deste ben na prensa escrita do 21 de febreiro de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/noia/2017/02/21/espacio-justicia-joya-medieval-noia/0003_201702B21C2991.htm