Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Isorna (Santa María)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a enseada de Leiro dende o Monte de Quintáns a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte , sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das beiras do intermareal do Ulla. Ten forma ovalada con diámetros duns 90 m. no eixo NL-SW, e 60 no NW-SL. Posúe dobre murallas e un foxo. Na parte NL, onde a ladeira acada a maior pendente, vese a dobre liña de muralla e consérvase un concheiro. Na parte sur pódense apreciar os restos de recintos habitacionais e outros que poderían corresponder coa muralla. No concheiro atopáronse tamén restos cerámicos e líticos.
A foto principal da ficha é de Alex Negreira. Para a montaxe con lidar e Voo Americano utilízanse os mapas da páxina de Descarga de Información Xeográfica do Instituto de Estudos do Territorio ( CMATI . Xunta de Galicia)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo Arqueolóxico do PXOM 2014 do Concello de Rianxo
http://concelloderianxo.gal/pxom


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6630303285
Lonxitude: -8.75099658966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84