Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: San Clemente do Pindo
Lugar: Pindo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Clemente Riveiro Fernández que naceu o 10 de xuño de 1707 e morreu o 27 de decembro de 1777 na vila do Pindo, foi o fundador desta capela no ano 1771, poñéndoas baixo advocación de San Clemente e San Bernardo. Presenta unha estrana configuración debido á ampliación que sufríu no ano 1906 na que foi ensanchada quedando a primitiva igrexa como sancristía e almacén. Esta está formada por unha planta rectangular dunha soa nave e divídese en tres treitos por dous arcos de medio punto que descansan sobre pilastras. Deste xeito, os treitos inicial e final cúbrense con bóveda de canón mentres que no central atopamos unha bóveda de aresta; é dende aquí de onde se accede á igrexa actual. Os muros son de cantería de granito e a cuberta é a dúas augas. Cabe destacar o altar labrado en cantería polo escultor de Santiago de Compostela, Antonio del Río no ano 1795 por un importe de 7.700 reais deseñando os planos deste altar o arquitecto tamén de Santiago, José Cachafeiro.
No exterior tan só podemos aprecia-la fachada principal, que era primitivamente simétrica, está presidida polo campanario que se atopa no cumio e desenvólvese en planta cadrada conformando unha peana dende a que crecen os catro machóns que forman o corpo das campás; remata de forma piramidal con pináculos sobre a cornixa. O resto da fachada é moi sinxelo, cunha pequena xanela e unha porta con lixeiras molduras.
A ampliación redúcese a un corpo de planta case cadrada dividido en dous por un arco con contrafortes no exterior. Os muros son de cachotería e de cantería en ocos e aresta; cuberta a dúas augas de fibrocemento e fachada principal moi sinxela, sen ningún tipo de decoración.
O 31 do mes de nadal de 1971 ás doce da noite, pasou a ser igrexa parroquial por decreto do Cardeal Quiroga Palacios.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai unha cantiga popular recollida por Camilo José Cela no seu libro “Madera de boj” que dí: “Meu santiño San Crimente onde te foron levar, a capeliña do Pindo viradiña para o mar”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– CELA, CAMILO JOSÉ: “Madera de boj”; Editorial Espasa Calpe, Madrid, 1999. páxina 279.
– SORALUCE BLOND, J.R.;FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son”. Vol. III, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996) vixentes:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8906139375
Lonxitude: -9.13584798574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84