Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Nigrán
Parroquia: Parada (Santiago)
Lugar: Nandín
Outra denominación do ben: Castelo de Santa Helena // Mirador do Castelo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Neste lugar, entre os séculos XII e XV, existiu unha fortificación chamada Castelo de Santa Helena, fortaleza que se atopaba dentro dos límites da antiga Terra de Turonio. O castelo aproveitaba a situación estratéxica e a orografía rochosa do lugar.
Desta antiga fortaleza non se conservan máis que os rebaixes dos asentos para os cadeirados, e un gravado de orixe medieval formado por dous ocos e tres cruces. Tamén aparecen restos de tégulas.
A primeiro escrito que fala deste lugar é do ano 1106. Pero o momento de apoxeo do castelo foi durante o século XIV, en tempos de Sueiro Iáñez de Parada, “Adelantado Mayor de Galicia” e figura política e militar de primeiro orde e nomeado Cabaleiro por Pedro I O Cruel, ao cal seguiu, na segunda metade do XIV, durante as loitas pola coroa de Castela co medio irmán Henrique II de Trastámara.
A destrución do castelo probablemente ocorreu no século XV.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36035089 // RI.000032871
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existen varias lendas relacionadas co lugar:
“el día primero de año sale un hombre tocando una flauta de oro”.
Neste outeiro “aparecieron herramientas de oro”; e que “existen unas escaleras que se entierran mucho en la tierra”
Tamén se fala das “pegadas do cabalo de Santiago”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.plangeneralnigran.org/sites/default/files/pxom/10/Documento_V__Catalogo_de_Bens_a_Protexer.pdf (Ficha 69 – Páxina 60)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://www.nigran.es/turismo/gl/patrimonio/outeiro-dos-mouros/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/nigran/montecastelo.html
http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007_07_01_archive.html
http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/07/monumentos-y-yacimientos-arqueolgicos.html
http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/07/el-folclore-de-los-yacimientos-del.html
BIBLIOGRAFÍA
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor” Depuatción de Pontevedra. 2012.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1345267667Lonxitude: -8.76226186752
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
jose manuel says:
Out 28, 2018
Quero decir que se encontra no concello de Nigran e non no de Gondomar
Oscar Franco says:
Out 29, 2018
Ficha correxida e ampliada.
Grazas JOSE MANUEL !!!