Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: A Canicouva (Santo Estevo)
Lugar: A Canicouva
Outra denominación do ben: A cama de San Estevo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Cama de Santo Estevo é un sepulcro rupestre medieval labrado na propia pedra dun pequeno outeiro en dirección sureste-noroeste.
Posúe unhas medidas de 2´10 metros de longo por 50 cm. de ancho, na súa parte máis ancha, e de 40 cm. no extremo correspondente aos pes. Ten rebaixes laterais e un reborde perimetral. Na cabeceira ten un suco que segundo os veciños era para o sangue do santo.
Na parte alta do outeiro onde está a cama do santo pódense observar, labradas nos penedos, o que posiblemente sexan cruces de termo.
A pedra na que foi tallado o sepulcro foi obxecto de labores de extracción de pedra, aínda que o sartego foi respectado.
Existen referencias de cerámicas medievais no seu arredor. Tamén se atoparon restos de tégulas, cerámica castrexa e romanizada moi tardías na súa contorna.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: YA970513S06
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo contan os veciños do lugar, un día subían polo camiño vello da Canicouva un grupo de xente que viñan de Pontesampaio cando de repente deulle un forte cólico de ventre a un dos rapaces que viña co grupo.
Ó chegar xunto á igrexa o cura, vendo o estado no que estaba o rapaz, díxolles que fosen onde a cama de San Estevo e unha vez alí deitaran o mozo dentro do sepulcro de pedra. Así o fixeron e, como se dun milagre se tratase, transcorridos uns minutos dende que o mozo se deitara na cama comezou a remitir a dor de barriga, desaparecendo ao pouco tempo.
Outra lenda con que o Santo Estevo, protector de enfermidades de difícil curación e a rabia, fuxiu da antiga igrexa derrubada por Almanzor. Logo disto o Santo apareceu no sepulcro antropomorfo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.PDF
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/cama-do-santo/
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2011/09/12/a-cama-de-san-estevo/
https://megaliticia.blogspot.com/2019/02/tumba-cama-do-santo-estevo-canicouva.html
A CAMA DO SANTO ESTEVO -CANICOUVA- PONTEVEDRA
http://www.xoanarcodavella.com/2012/10/cama-de-santo-estebo-canicouva.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/sepulcro-a-cama-do-santo-estevo-en-a-canicouva/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3699066851Lonxitude: -8.6137586832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
DavidConde says:
Ago 21, 2015
Aínda que na Canicouva todos os veciños coñecen o ben coma “A Cama do Santo”, na comarca adoita a chamárselle “a Cama de San Estevo” (a pesares de que o normativo sexa “Santo Estevo”)