Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Lugo
Parroquia: Lugo
Lugar: Balneario de Lugo, Barrio da ponte s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Aos pés da cidade romana de Lucus Augusti localízase o balneario romano de Lugo. Polas súas proximidades pasaba a vía romana XIX, que unía Lucus con Bracara Augusta (Braga, Portugal). Este é un dos máis representativos balnearios da Península, xa que conserva varias salas orixinarias, adicadas a tratamentos e lugares de culto. Situada no interior do Balneario moderno respetando as salas romanas,aproveitan as augas quentes que nacen de tres fontes consideradas medicinais. Os restos conservados correspóndense con dúas salas colindantes; obsérvanse tres bóvedas de pizarra, as estufas de vapor e o vestiario.
Estas salas corresponden ó “apodyterium” ou vestiario dos baños públicos da época romana de Lucus Augusti, construídos no século I da nosa Era.
A primeira sala conserva o piso orixinal de “opus signinum” moi compacto e impermeable e quizais recuberto con mármore en época romana. Nas paredes desta e das outras dúas salas existen uns ocos ou fornelas, que servían para colocaren a roupa dos usuarios das termas.
Baixo a escaleira moderna hai outra sala onde se poden ver uns muros cunha bóveda e uns arcos romanos. Logo foi reutilizada como capela cristiá entre os séculos XVI e XVIII. Tiña un pequeno altar e unha representación pictórica do Calvario de Xesús
Noutras partes do actual Balneario quedan aínda varios restos dos baños termais da época galaico-romana; entre eles, no interior, toma de auga orixinal; e no exterior, canles, muros e outros elementos constructivos. Tamén existen, muros romanos, para conter as crecidas do Miño, e suponse da existencia dunha sala, quizais o “sudatorium” ou “laconium” representada no plano do balneario do enxeñeiro militar Pedro Giraldo feito no século XIX, onde se distinguían as construccións da época romana.
Os arqueólogos F. Hervés e G. Meijide, estiman que as termas romanas ocuparían unha superficie de 2.500 metros cadrados organizados de forma paralela ó río Miño e serían utilizadas entre os séculos I d.C. (data da fundación de Lucus Augusti), ata o IV da nosa era.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestruturaHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca002.PDF
Folla explicativa do Balneario.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0018566467
Lonxitude: -7.56114721298
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84